A ASOCIACIÓN

Trevihost é unha asociación de empresarios que traballa no marco da hostalería, deportes e actividades na natureza.

Os nosos obxectivos son a promoción e difusión dos valores turísticos e naturais do macizo de Trevinca, a cima de Galicia, que cos seus 2.127 m. de altitude coroa o único grupo de montañas galegas de máis de dous mil metros de altitude.

A VEIGA

O concello da Veiga está situado na esquina sueste da provincia de Ourense, na comarca de Valdeorras, limítrofe coa provincia de Zamora.

Hai tres singularidades que identifican o concello da Veiga, declarado Municipio Turístico Galego por resolución do Consello da Xunta de Galicia do 27 de setembro de 2001:

Extensión: o termo municipal da Veiga ocupa unha superficie de 291,09 km2, o que o converte no concello máis grande da provincia de Ourense e no cuarto de Galicia, cun total de 29 núcleos de poboación, vilas, por tempos, cheos de xente.

Altitude: no territorio da Veiga, encóntrase o punto máis alto de toda Galicia, Pena Trevinca, con 2.127 m. Por riba xa non hai terra e só o camiño dos montañeiros e aventureiros en busca dos ceos de Galicia.

Desnivel: o gran desnivel entre o nivel base e os máis altos do territorio galego orixina unha diversidade bioclimática que permite unha gran riqueza botánica na zona.

Ourense - A Veiga

A VEIGA

Nucleo urbano