A DONCELA ENCANTADA
Esta publicación forma parte das accións realizadas pola Asociación de Hostalaría e Turismo de Trevinca (TREVIHOST) para dar a coñecer os extraordinarios valores medioambientais e culturais das Montañas de Pena Trevinca.
A fascinación polos encantamentos e os tesouros ocultos; a existencia de elementos simbólicos da mitoloxía popular galega (auga e lagoa); a presenza das figuras míticas da serpe e a moza casamenteria (moura) ou o intre do encantamento (a noite sanxoaneira, considerada o auténtico solsticio de verán, o «sol detido») forman parte das nosas tradicions, herdadas nos nosos devanceiros e transmitidas de xeración en xeración e, por conseguinte, do noso patrimonio cultural.
Salvagardar este patrimonio inmaterial e manter viva a lenda contribuirá a que a Lagoa da Serpe sexa un destino único, con alma propia e con selo de autenticidade que o visitante saberá valorar.
Os integrantes da Asociación TREVIHOST que vivimos e traballamos na primeira línea da Rede Natura 2000, convidámosvos a coñecer, gozar e descansar no espazo natural protexido Pena Trevinca ao tempo que vos facemos un chamamento a preservar os singulares valores naturais, paisaxísticos e culturais das nosas montañas.
A DONCELA ENCANTADA
CONTACTO
-
Dirección
Rúa Nova, 37
32360 - A Veiga (Ourense) -
Teléfono
722 33 68 22 -
eMail
trevinca@trevihost.es -
¡Vísítanos!
Facebook