PENSIÓN RÍO XARES
O Restaurante Río Xares abriu as súas portas fai xa máis de 30 anos, alá polo 1988, cun tipo de cociña tradicional con productos de excelente calidade. Nun principio o tipo de cliente era sobre todo local, e enfocado ó turismo cinexético.
Un entorno familiar para descansar e degustar os productos da montaña
Na actualidade, a demanda doutro tipo de turismo (astronómico, de natureza ou cultural) propiciaron a posta en marcha da apertura dun aloxamento no 2016, complementando así a oferta hosteleira do Municipio. As nosas especilidades son:
- Carnes de montaña con gandeiría propia.
- Carnes de vacún onde se combinan razas autóctonas como a «vianesa» con outras como a «limousin» ou a «pirenaica» adaptadas a estas altitudes.
A Pensión Río Xares abriu as súas portas en Agosto de 2016. Sitúase nunha ubicación privilexiada, no centro da Veiga, cunha modalidade de aloxamento diferente ás que existen actualmente neste Municipio Turístico. Dispón de 10 habitacións amplas equipadas con baño, televisión e wifi, ofrece a máxima comodidade ós seus hóspedes. Dispón ademáis dun salón onde poder relaxarse.
SERVICIOS COMPLEMENTARIOS
- Vehículo específico para rutas 4X4.
- Guía de montaña profesional (preguntar en recepción)
- Pasaxe Campo do Fútbol, 1 - A Veiga (Ourense)
- T. 988 35 00 94
- pension.rioxares@gmail.com
- Página Web
PENSIÓN RÍO XARES
A Veiga
CONTACTO
-
Dirección
Rúa Nova, 37
32360 - A Veiga (Ourense) -
Teléfono
722 33 68 22 -
eMail
trevinca@trevihost.es -
¡Vísítanos!
Facebook