EIDO DAS ESTRELAS

Eido das Estrelas é unh finca situada na aldea de Valdin (A Veiga), na que hai 2 edificios: a antiga casa reitoral (A Casiña das Estrelas) que data de mediados do século XVIII e o seu palleiro (Lar da Lua) , ambos rehabilitados.

A casa ten 6 habitacións dobres e o pallar 2, un deles adaptado, todos con baño. Ademais, a casa ten biblioteca, sala social, sala multiusos: billarda, ping pong, reunións e no cuberto hai un telescopio para observar as estrelas e unha extensa biblioteca de astronomía.

Tamén na casa pódense degustar pratos de cociña local e de tempada.

Eido das Estrelas

EIDO DAS ESTRELAS

Valdín | A Veiga